martes, 15 de diciembre de 2020

Diario de clase 3: Montones de presentaciones


Na nosa última clase, eu e máis algúns compañeiros fixemos presentacións sobre varios temas diferentes relacionados todos, como non, coa ensinanza de linguas. 

Unha compañeira falou sobre o sistema educativo en Finlandia, país estrela da escolarización que todos desexamos acadar. Outras compañeiras falaron de métodos de ensinanza moi interesantes: o método do silencio e o método da suxestopedia. Son métodos que se poden empregar para facer actividades complementarias, que poden romper un pouco a monotonía das clases, para facer algo novo. Porén, como xa comentaron as presentadoras nas súas conclusións, seica son métodos algo desfasados. Houbo tamén unha presentación sobre Zoltán Dörnyei, un autor que coñezo ben, pois ten publicados varios libros de adquisición da linguaxe e de psicolingüística que son dous dos temas principais da miña tese doctoral. Asi mesmo, houbo unha presentación que resumía o Proxecto Lingüístico de Centro. Por último, outra compañeira fixo unha presentación da metodoloxía CLILL, algo que eu experimentei no meu máster nos Estados Unidos e que, penso, funciona realmente ben.

En canto á miña presentación, fixen un PPT no que falaba sobre a ensinanza de linguas en Irlanda, contando tamén como foi a miña experiencia nese país. Semella que Irlanda está a gañar terreno na ensinanza de linguas cunha forte política dirixida á competitividade laboral e económica. Teremos que agardar para ver os froitos destas novas leis de ensinanza, pero a aposta parece xenuina abondo para facer de Irlanda un país plurilingüe en toda regla. 

 

Penso que foi unha clase moi entretida, na que aprendín moito... a pesares dos problemas técnicos :_)

Enlaces interesantes

Método do silencio:  Silent Way-Teaching English BBC

Método da suxestopedia:  Suggestopedia-TEFL.net

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Ola, Paz.
    Grazas por esta entrada e por deixar aquí a túa presentación sobre Irlanda. Coido que a túa intervención naquela sesión de clase onde falaches sobre a situación lingüística a nivel educativo en Éire non pasou desapercibida para ningunha de nós. Persoalmente, non podo negar que me sorprendeu moito coñecer os proxectos lingüísticos do país a nivel académico.
    O ano pasado tiven a oportunidade de vivir en Dublín durante dous meses e durante a miña estadía alí houbo algunhas cousas que me sorprenderon moito e que, logo de atender á túa exposición sobre o país, recordei e relacionei ben co que contaches.
    Unha das cousas que máis me chocou foi a importante rede de empresas internacionais, moitas delas tecnolóxicas (Google, Facebook, Linkedin...), asentadas na capital do país. Na miña cabeza, eu viaxaba a un país morriñento, de música celta, de paisaxes verdes e de xente emigrante; pouco ou nada esperaba atopar tal infraestrutura empresarial a nivel mundial. Decateime entón de que Irlanda é algo máis que o país que nós gardabamos no imaxinario colectivo e, neste sentido, o que explicaches sobre as políticas lingüísticas de expansión e o crecente interese polo chinés, por exemplo, concordan efectivamente con eses devezos do país por ser a sede mundial de grandes empresas, devezos que eu advertín nos meses que pasei alí.
    Esperemos que nese novo devir lingüístico do país, os irlandeses non se esqueza do gaélico, da lingua nai.
    Unha aperta,
    Andrea Martínez Cordeiro

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Andrea: pois penso que tes toda a razón. Eu tamén quedei abraiada co despliegue que atopei e cantidade de cartos que se move. Pareceume un gran paraíso económico-liberal que nin sente nin padece a cultura, nin sequera a propia. En fin...
      Grazas polo comentario!

      Eliminar