Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de marzo de 2021

Tons of tools

 


Check out these digital tools to make your classes more exciting:

Vocaroo: To record voice messages and send them to a different digital platform.

Wooclap: To create surveys and activities.

Wordwall: To design vocabulary and grammar activities.

Emojitranslate: To have fun guessing the meaning of emojis.

Quizlet: To make your own quizes.

YouEnglish: To check the pronunciation of any word in English.

Perchance: To prompt images to be used in different activities.


martes, 1 de diciembre de 2020

Follow Me!; or, How Distance Learning Is Not a New Concept

Si pensábais que esto de estudiar desde casa es una novedad de la pandemia... ¿qué me decís de esta fantástica serie para aprender inglés? Follow Me comenzó a emitirse en el año 1983 a las seis de la tarde en la cadena TVE 1 con gran éxito de audiencia.

Echadle un vistazo a la primera lección "What's Your Name?" y debatiremos en clase los pros y los contras de este tipo de enseñanza remota.

 

lunes, 23 de noviembre de 2020

Diario da clase 1

 

Os comezos sempre son duros...

A miña primeira experiencia coas clases en liña está sendo un grande reto para mín. 

Para comenzar, estame a costar bastante pasar tanto tempo fronte ao ordenador, algo que non adoitaba facer nunca. 

Ademais, todas a plataformas coas que estamos traballando son novas e hai moitísimas! A maioría son doadas de utilizar, pois son bastante intuitivas. Porén, ao seren moitas, dame a impresión de que teño que comenzar unha e outra vez todos os días... Cómpre adoitarse axiña.

Na clase fixemos unha actividade con Kahoot!, unha páxina que ofrece a posibilidade de facer quizes e probas en liña, cunha interface de concurso da tele: moitas cores, musiquiña, tempo limitado... Eu comecei a traballar con Kahoot! cando daba clase nos Estados Unidos e deixei de usar a páxina polos comentarios negativos dalgúns dos meus alumnos. Alguén comentou na clase que Kahoot! fomenta moitísimo a competitividade e expón as debilidades do alumno. Eu en España penso que aínda non lle damos tanta importancia a cómo se sente o alumnado mentres está tomando a clase, pero abofé que nos Estados Unidos todo xira arredor diso. No máster que eu estudiei alá, cada materia tiña unha parte de psicoloxía. Cada materia! Así cheguei ata o tema da tese doctoral que estou a preparar: os profesores de idiomas con personalidade introvertida (é dicir: eu!).

Para os profesores e alumnos introvertidos, case todos os xogos, traballos e metodoloxías fánsenos costa arriba. Aprender un idioma é cousa de extrovertidos... pois, coma toda a estructura social, en realidade. Ser introvertido contémplase coma unha tara e na clase de idiomas isto queda patente. As novas tecnoloxías, en principio, ofrecen a posibilidade de agocharse detrás dunha pantalla, polo que poderían resultar unha solución. Por iso, entendo que cómpre adoitarse a elas e continuar aprendendo... é unha aprendizaxe para toda a vida! A importancia de que como profesores poidamos ofrecer aos alumnos clases innovadoras paréceme de primeira orde. Isto é así, non so para aproveitar as novas maneiras de ensino que esta tecnoloxía ofrece, senón pola importancia de que as clases sexan atractivas, para fomentar a interese do alumnado e motivalo a estudar.

Polo que a min respecta, quédame un bo cacho que aprender, pero de momento estou a atopar cousas moi interesantes. Por exemplo, as plataformas onde podemos atopar recursos, ideas, opinións e comentarios doutros docentes parécenme estupendas. Eu uso ProfedeELE.com, porque ata agora traballei principalmente como profesora de español-lingua-estranxeira. Para inglés, estou tirando moitísimo da BBC, que ten uns recursos incríbles e montones de vídeos, podcasts, leccións en liña... unha chea de cousas estupendas, e coa garantía da BBC!

Agardo saír moito máis segura das miñas habilidades tecnolóxicas deste mestrado, ainda que vaia ao meu ritmo, pouco a pouco. Polo momento, a última clase xa me axudou a descartar Kahoot! definitivamente... ou a usar a páxina de xeito diferente. Podería quizáis facer un quiz onde gañase o que dea a resposta máis incorrecta, para rirmos todos, e así ter unha entradilla para explicar algún concepto gramatical ou de vocabulario. Si, penso que se lle pode dar outra volta ao uso desta páxina...

Lecturas interesantes sobre o tema das emocións:

Blog de Sarah Mercer

Blog de Zoltán Dörnyei 

Estes investigadores son dous das referencias principais no mundo da psicoloxía na ensinanza de idiomas. Teñen un libro en colaboración (imaxe), aínda que candaseu, teñen publicados moitísimos outros libros e artigos sobre o tema das emocións, a psicoloxía, a adquisición da lingua e a motivación na aula de idiomas.

Libro no que colaboran Mercer e Dörnyei, os dous grandes referentes da psicoloxía na ensinanza de linguas
Páxinas con moitos recursos para profesores de idiomas:

Para ELE: ProfedeELE 

Para inglés: BBC Learning English