jueves, 10 de diciembre de 2020

Dosier 2: Presentación EOI

Na actividade da clase pasada, fixemos un PPT nun drive, no que cada un de nós tiña que presentar e explicar un apartado diferente do currículum da EOI. Eu fixen a parte da avaliación e a permanencia. Pareceume moi interesante, pois gustaríame opositar para traballar nunha EOI e esta programación en concreto será o meu obxecto de estudo.

O que aprendín do xeito no que está detallada a avaliación das EOI, é que se trata dun documento moi pensado, seica mellor preparado que outras partes do currículum. Como docente, penso que a parte de avaliación é unha das que máis importancia teñen, sobre todo de cara ao futuro dos nosos alumnos, quen desexan entender o por que das súas notas.

A mín, gústame que se puntúe nun principio como "apto/a" ou "non apto/a", porque dalgún xeito quítaselle importancia á competitividade que xeneran as notas numéricas (algo que soe desmotivar moito algunhas persoas cun ritmo de aprendizaxe máis lento).

En canto á permanencia, tamén considero axustados os principios que se describen. É xusto permitir unha repetición do curso, porque poden xurdir imprevistos de todo tipo, pero cursar un curso dúas veces debería abondar para que o alumno/a en cuestión adquirise os coñecementos necesarios para superar o exame e continuar avanzando.

En parte grazas a esta actividade, estou moi motivada agora mesmo por conseguir o meu reto de ser profesora na EOI!



                                                                         Currículum EOI