Esta actividade resultou ser de gran valor para entendermos varias cousas.
1. Somos europeos
Non é unha coincidencia que entre os 19 alumnos do grupo falemos ata 10 linguas europeas diferentes. A situación xeográfica, política e histórica do noso continente permite un achegamento único a ducias de linguas diferentes e, á súa vez, ás culturas onde se falan estas linguas.
Penso nas miñas experiencias en países moito más grandes que España, coma Estados Unidos ou China, onde un único idioma se fala nunha extensión amplísima. Estou segura de que os repertorios lingüísticos das persoas dos países que menciono serían completamente diferentes aos nosos. Algo, pola outra banda, perfectamente normal e igual de interesante.
2. Somos españois
Sorprendeume e alegroume comprobar que na clase levamos á práctica o que predicamos: todas as linguas son importantes. Na aula, algúns dos meus compañeiros falan catalán, euskera e case todos falamos galego; é dicir: entre nós seriamos quen de comunicarnos en calquera das catro linguas co-oficiais do país. Moitas veces teño lido comentarios acerca do bo que sería ensinar estas catro linguas a todos os nenos e nenas do país. Semella utópico, pero pola nosa banda, parece que o tomamos en serio. Punto para nós!
3. Somos humanistas
Si, nótasenos ben que estudamos linguas, que nos interesa a lingüística, a gramática, a comunicación, a cultura... Ningún de nós fala somentes dúas linguas, todos sabemos expresarnos en tres ou catro. Isto supón unha media moi superior á global no mundo que establece 1,5 idiomas por persoa (ainda que parece que a media europea, seica polas características que comentei antes, é algo máis elevada). Falar 1,5 idiomas significa poder polo menos falar, escribir e entender discurso oral e escrito nunha lingua e ter algunhas destas competencias noutra. Polo tanto, na clase, como é normal, sendo como somos profesores de lingua extranxeira in the making, estamos porriba da media.
Chego, entón, a unha conclusión bastante esperanzadora. Mostramos unha grande interese polas linguas, calesquera que sexan, pois entendemos o seu poder sociocultural e comunicativo con toda a súa forza. Falar unha lingua nova é ver o mundo dun xeito diferente e agora mesmo estou pensando que poida que teñamos aquí unha solución perfecta para moitos males: aprende a falar outro idioma e poderás entender mellor o que te rodea.
Enlances interesantes:
¿Cantas linguas fala unha persoa de media? - How Many Laguages Does the Average Person Speak?
¿Por que é beneficioso falar máis dunha lingua? - Las ventajas de hablar más de un idioma
¿Cantas linguas se falan en Europa? - Oficial and Spoken Languages of European Countries